Escoitar

O Concello adxudica por preto de dous millóns o contrato do mantemento e vixilancia dos colexios públicos

Abel Caballero anunciou este luns a adxudicación, por preto de dous millóns de euros en dúas anualidades, do mantemento, conservación e vixilancia dos colexios públicos de Vigo, garantindo que o cento por cento dos centros contarán con estes servizos .

luns, 20 mai 2024

Na Xunta de Goberno Local aprobou tamén o contrato para o mantemento, vixilancia e conservación dos colexios públicos da cidade. Así o anunciou o alcalde ao destacar que "o cento por cento dos colexios públicos de Vigo vai contar con vixilancia e mantemento".

Caballero indicou que co contrato, cun coste de preto de dous millóns de euros en dúas anualidades, optimizarase a vida útil dos 49 edificios educativos públicos mellorando os espazos interiores e exteriores. Incidiu que se realizará o mantenemento e conservación dos centros, así como a  vixilancia do conxunto das instalacións, dos edificios e dos recintos educativos, dende os patios ás pistas deportivas, as zonas axardinadas, xa que "todo ten que estar en perfecto estado".  O rexedor sinalou que se traballará na eficiencia enerxética e no consumo eficiente de auga e combustibles coa aplicación dun control exhaustivo e continuado.
Caballero explicou ademáis que se realizará un plan de revisión dos centros e a inspección continua das instalacións para a detección de calquera dano ou avaría. Tamén se levará a cabo o control das incidencias e avarías de fontanería, de electricidade e calefacción. 

Caballero indicou que os colexios contarán cun técnico responsable do servizo que estará permanentemente localizado durante a xornada de traballo. Ademais, haberá un servizo telefónico de atención durante as 24 horas do día. "Dous millóns de euros para vixianza e control dos colexios públicos", insistiu.

Descargar todas as imaxes