Caballero recibe ao embaixador de Chile

martes, 4 out 2022

O alcalde recibiu na Alcaldía ao embaixador de Chile, Javier Velasco, que visitou a cidade con motivo da feira de Conxemar para amosar o seu apoio ao stand do país andino. Os dirixentes achegaron posturas para coñecer máis sobre a cultura tanto da zona de Vigo como de Chile, con disposición de colaborar e estreitar lazos. Velasco transmitiulle a Abel Caballero a súa admiración pola súa traxectoria profesional e política.

Caballero reivindica Vigo como sede permanente da FAO

luns, 3 out 2022

O alcalde aproveitou a súa participación esta mañá na inauguración da décima edición do Congreso FAO Conxemar para reivindicar Vigo como capital de la pesca sostible e criticou a “discrecionalidade” do regulamento comunitario que prohibe pescar en augas profundas. Na súa intervención, tamén reiterou a demanda de que Vigo sexa sede permanente da FAO.