Abel Caballero propuxo esta mañá acordar unha reunión con Alfonso Rueda para falar de cuestións pendentes coa cidade. Así llo trasladou nunha carta que lle enviou en resposta á recibida onte luns, unha misiva “chea de falsedades e inexactitudes” que “volve ser un non a todo o que se prantexa en Vigo”.
Esta mañá o rexedor vigués achegouse ao Laboratorio de Biotoxinas Mariñas, situado no campus universitario, para visitalo xunto ao ministro de Consumo, Alberto Garzón e a subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba. Durante a visita, o equipo do laboratorio mostráronlles as instalacións e as diferentes fases procesais para o análise de toxinas en moluscos.
Esta mañá o rexedor recibiu ao técnico vigués Óscar Bruzón, ex-seleccionador de Bangladesh. Nese mesmo país, adestra o Bashundhara Kings da Premier League local, co que logrou gañar varias ligas nos últimos anos, ademais de lograr o fito de clasificalo para xogar a Champions de Asia. Na recepción agasallou a Abel Caballero con camisetas tanto do seu clube como do combinado nacional.
Neste 2022, o 50% das viaxes organizadas polo IMSERSO sairán de Vigo e outro 50%, o fará desde Santiago. Esta distribución mereceu esta mañá o recoñecemento do alcalde ao Goberno de España por ter en conta, por fin, o peso da cidade nesta programación.
O convenio por valor de 14.990 euros suma 7 percorridos durante os meses de outubro e novembro polo medio natural de Vigo e o seu entorno. O alcalde e o director xeral de Vegalsa, Joaquín González Iglesias, asinaron o documento para o desenvolvemento das actividades.
Abel Caballero recibiu na Alcaldía ao novo comisario da Policía Nacional, Ramiro José Gómez García (Valladolid, 1967), onde mantiveron unha primeira xuntanza sobre a situación da cidade. O rexedor deulle a benvida e desexoulle o mellor dos traballos ao fronte da comisaría. Licenciado en Xeografía e Historia –especialidade de Arqueoloxía– pola Universidade de Valladolid, a súa cidade natal, Ramiro José Gómez suma unha traxectoria profesional de 25 anos no Corpo Nacional de Policía, onde ingresou en 1997. A Xefatura Superior de Cataluña foi o seu primeiro destino, trasladándose posteriormente á comisaría local de Aranda de Douro (Burgos). Tras unha etapa impartindo clases de investigación na Escola Nacional de Policía de Ávila e outra como responsable da Policía Científica da Comisaría Provincial de Ávila, en 2019 púxose ao mando da comisaría de Miranda de Ebro, de novo en Burgos. E tras o seu ascenso á categoría de comisario en setembro de 2021 xa foi destinado a Vigo, onde leste mesmo xaneiro tomou posesión como xefe local de Operacións.
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, achegouse hoxe ao auditorio Mar de Vigo onde se celebra a xornada "A importancia do Deporte para a redución da desigualdade no marco da Axenda 2030" que organiza a Deputación de Pontevedra xunto a Federación de Municipios e Provincias. Acompañado do presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Franco, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o rexedor sinalou que "vertebramos o país dende a política local e co deporte como elemento catalizador, como guía de actuación e como instrumento para afianzar a igualdade".
O alcalde Abel Caballero e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañaron os membros de AFAGA neste día. A escultura que presidirá a praza foi realizada pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.
Abel Caballero, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, e Miguel Ángel Carrillo, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, asinaron este mércores un convenio de colaboración entre as dúas entidades para desenvolver actividades conxuntas de formación, investigación e divulgación sobre esta enxeñería no ámbito municipal. Durante a reunión celebrada no Concello de Vigo asinouse tamén un acordo Marco para potenciar a colaboración entre as dúas institucións.
Coas obras practicamente finalizadas, Abel Caballero percorreu xunto á tenente de Alcalde, María José Caride, e aos promotores as instalacións do histórico edificio, situado no Casco Vello, que acaba de ser reconstruído e queda conformado por catro sotos, entreplanta, planta baixa e dúas alturas cunha superficie total superior aos 4.000 metros cadrados. Na visita participou tamén o cociñeiro Pepe Solla que se encargará dos dous restaurantes e da coctelería do Pazo da Oliva que amais disporá de espazos para acoller actos socioculturais.