Escoitar

O alcalde agradece ao Goberno que recoñeza o peso de Vigo na organización das viaxes do IMSERSO

Neste 2022, o 50% das viaxes organizadas polo IMSERSO sairán de Vigo e outro 50%, o fará desde Santiago. Esta distribución mereceu esta mañá o recoñecemento do alcalde ao Goberno de España por ter en conta, por fin, o peso da cidade nesta programación.

venres, 23 set 2022

Abel Caballero agradeceu ao Goberno de España que “recoñeza” o peso de Vigo na organización das viaxes do IMSERSO, tal e como el mesmo solicitara en edicións anteriores. En rolda de prensa, o alcalde destacou de novo a importancia dos 700.000 habitantes da área de influencia de Vigo e valorou que respecto das saídas e en termos técnicos, un 50% parta de Santiago e outro 50%, de Vigo.

Falando de turismo, referiuse aos datos que vén de facilitar o INE sobre o mes de agosto cando que Vigo recibiu 53.23 turistas, un 7,8% máis que no ano 2019, o que supón o segundo mellor dato da historia só superado por 2017. Contabilizando por teléfono móbil, Vigo é a cidade máis visitada de Galicia ata converterse xa “nun gran destino turístico no mundo”. A ocupación hoteleira está en máximos e estancia media é de 2,2 días.

 

 

Descargar todas as imaxes