luns, 19 set 2022
Abel Caballero: "Este ano o Concello de Vigo becara con gratuidade total a 2.500 rapaces e rapazas que irán estudar inglés as illas británicas". Durante a fin de semana a cidade chegou o 80% de ocupación.
luns, 19 set 2022
O auditorio Mar de VIGO reunirá o próximo 27 de setembro a ducias de expertos en turismo, con motivo da V Xornada TurisTIC, promovida pola Deputación de Pontevedra, e na que se que se falará “do futuro do turismo". Na presentación, Carmela Silva subliñou que “a cidade e o destino Rías Baixas son o puntal turístico de Galicia” e Abel Caballero resaltou que “a vocación turística de Vigo é ilimitada”.
luns, 19 set 2022
O rexedor vigués acudiu esta mañá, xunto a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, o centro comercial Vialia para intervir nas actividades que promove Decathlon con motivo da Semana da Mobilidade Europea. Realizaranse diversas accións centradas na mobilidade urbana, aproveitando para dar visibilidade ao uso de medios de transporte non contaminantes.