mércores, 21 set 2022
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, achegouse hoxe ao auditorio Mar de Vigo onde se celebra a xornada "A importancia do Deporte para a redución da desigualdade no marco da Axenda 2030" que organiza a Deputación de Pontevedra xunto a Federación de Municipios e Provincias. Acompañado do presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Franco, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o rexedor sinalou que "vertebramos o país dende a política local e co deporte como elemento catalizador, como guía de actuación e como instrumento para afianzar a igualdade".
mércores, 21 set 2022
O alcalde informou das accións que desenvolverá o goberno municipal no marco da Semana Europea da Mobilidade: mañá xoves, 22 de setembro, serán gratuítas as lanzadeiras ao campus universitario e o autobús turístico.
mércores, 21 set 2022
O alcalde Abel Caballero e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañaron os membros de AFAGA neste día. A escultura que presidirá a praza foi realizada pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.
mércores, 21 set 2022
Abel Caballero e a organización presentaron o Festival UnderCabral que se celebra o sábado 24 de setembro na Asociación Vecinal, Cultural e Deportiva de Cabral con actividades para todos os públicos.
mércores, 21 set 2022
Abel Caballero, presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, e Miguel Ángel Carrillo, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, asinaron este mércores un convenio de colaboración entre as dúas entidades para desenvolver actividades conxuntas de formación, investigación e divulgación sobre esta enxeñería no ámbito municipal. Durante a reunión celebrada no Concello de Vigo asinouse tamén un acordo Marco para potenciar a colaboración entre as dúas institucións.