Escoitar

Abel Caballero: "O Maratón Fotográfico ten unha gran importancia e un longo percorrido na cidade"

Esta mañá o alcalde presentou a XXVI Maratón Fotográfica, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo concelleiro de Cultura, Abel Losada, e polos membros da Agrupación Fotográfica Galega, Alfonso Durán e Jesús Nieto.

martes, 20 set 2022

Na presentación desta nova celebración do Maratón Fotográfico, o rexedor vigués referendou o apoio por parte do Concello a esta actividade, sinalando que “esta é unha forma de facer cultura dentro da cidade de maneira extraordinaria”. Os organizadores nas verbas de Jesús Nieto quixo destacar que “durante estes vinte e seis anos o principal colaborador foi o Concello, que o apoia ano tras ano”.

O Maratón Fotográfico inicia a súa vixésimo sexta edición o sábado 24 de setembro as 12 horas, cun inicio novidoso, xa que se realizará diante do museo Marco. Os participantes contarán con 24 horas para fotografar ao redor da cidade, os catro temas que sinale a organización, e que son secretos ata o inicio da propia maratón, tendo como límite de entrega as 13 horas do domingo.

As inscricións estarán abertas a través da web da organización ata o venres 23 de setembro ao mediodía, esperando superar os máis de 100 participantes, como nas anteriores edicións.

Descargar todas as imaxes