O rexedor saudou ao alumnado de "Vigo en Inglés" que partiu esta mañá cara o Reino Unido
Abel Caballero: "Este ano o Concello de Vigo becara con gratuidade total a 2.500 rapaces e rapazas que irán estudar inglés as illas británicas". Durante a fin de semana a cidade chegou o 80% de ocupación.
Durante o mes de setembro saén dende Vigo un total de 9 voos que levan a 735 alumnos da cidade cara Irlanda e o Reino Unido, becados polo Concello a través do programa "Vigo en Inglés". O rexedor sinalou que este "é o noso modelo, con gratuidade total na escolas infantís; libros de texto gratis en primaria e secundaria e becas de inglés", enfatizando que "para o avance da cidade non existe nada tan importante como a educación".
Datos de ocupación hoteleira do fin de semana
Na rolda de prensa matinal Caballero tamén desvelou o dato de ocupación que tiveron os hoteis da cidade durante o fin de semana do 17 e 18 de setembro, no que "alcanzaron o 80%, con algúns hoteis con cheos totais". Este dato continua coa tendencia do pasado sábado e domingo no que se alcanzou un 79% de ocupación.