Escoitar

O TSXG inadmite unha demanda da Autoridade Portuaria sobre o paseo de Bouzas

O alcalde informou esta mañá dunha sentenza do TSXG que desestima un recurso interposto pola Autoridade Portuaria para obrigar ao Concello a asumir o custo das obras do Paseo de Bouzas, no tramo máis preto á zona portuaria.

venres, 16 set 2022

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de emitir sentenza inadmitindo o recurso interposto polo paseo de Bouzas no que Autoridade Portuaria pretendía que o Concello entregase a devandita senda logo de facer as obras de mantemento o ben que financiase as mesmas con 459.592,95 euros. A resolución xudicial entende que o recurso foi interposto fora do prazo legalmente establecido e impón 1.000 euros en costas ao Porto.