Vigo suma 25 millóns de euros para obras na cidade
O alcalde anunciou en rolda de prensa o inicio da tramitación dun crédito extraordinario superior aos 25 millóns de euros para inversión.

Vigo disporá de 25 millóns de euros máis para inversión. Abel Caballero compareceu en rolda de prensa para anunciar o inicio da tramitación dun crédito extraordinario que permitirá por en marcha obras como a da rúa Teixugueiras, un aparcamento en Matamá, novas beirarrúas en Severino Cobas e mellorar no entorno da rúa Val Miñor e Balaídos.
O alcalde di que isto “permite seguir a facer Vigo e xerar emprego na cidade”. A este crédito súmase o anunciado onte, superior aos 5 millóns de euros, para o pago dos libros de texto ao alumnado de Vigo.