Escoitar

O Concello inicia a instalación das novas ramplas en Gran Vía

Abel Caballero visitou a obra da Gran Vía Fase II, na que hoxe comezou a instalacións das ramplas mecánicas entre as rúas Bolivia e Nicaragua.

martes, 20 set 2022
O alcalde xunto ao edil de Vías e Obras, Javier Pardo, e a de Medioambiente, Nuria Rodríguez
O alcalde xunto ao edil de Vías e Obras, Javier Pardo, e a de Medioambiente, Nuria Rodríguez

O alcalde visitou as obras da Fase II da Gran Vía. Hoxe comezou a instalación das ramplas mecánicas entre a rúa Bolivia e Nicaragua, unha das dúas que ocuparán o bulevar da rúa no tramo entre Venezuela e Praza de España.

Abel Caballero explicou que a montaxe é un proceso “complexo” e que as obras poderían estar rematadas no mes de xaneiro: “Imos parar as obras durante o Nadal para o bo funcionamento do comercio na zona”, avanzou o rexedor.

A Fase II da Gran Vía é un dos proxectos presentados polo goberno local á convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado cos fondos europeos Next Generation EU. O proxecto foi elixido polo ministerio de Transportes, para ser financiado ao 75%, aportando 3.200.000 millóns dos 4.235.000 do total.

Caballero cifrou a obra completa da Gran Vía en torno aos 10 millóns de euros y cualificou a súa utilización de “impresionante”: “Era un espazo que non tiña uso. Agora é masivo, con miles e miles de persoas cada día que toma café, charla nos bancos...”

O rexedor concluíu facendo un balance das obras do Vigo Vertical, cun valor desde o seu inicio de 75 millóns de euros: Gran Vía, elementos mecánicos en rúa Carral – Porta do Sol, ascensor praza da estación, HALO, escaleira mecánica en Talude, ascensor entre Travesía e Aragón na zona da Igrexa, rampla de acceso ao centro de saúde de Teis, rampla entre Travesía e Aragón no tramo alto, ramplas de Ramón Nieto ao CEIP Fonte Escura e o centro de saúde de Lavadores, acceso mecánico ao colexio Losada, entre Romil e Hispanidade, ramplas Escultor Gregorio Fernández, outra en Serafín Avendaño, accesos mecánicos entre Camelias e Hispanidade e Marqués de Valterra e Torrecedeira, ambos en Juan Ramón Jiménez, proxecto de Vigo Vertical entre o Berbés e o Paseo de Alfonso. A isto súmanse os elementos mecánicos xa en funcionamento como as escaleiras mecánicas de Praza Portugal, o ascensor de Pizarro ao barrio de Ribadavia, a humanización de Juan Ramón Jiménez, as escaleiras de II República e o ascensor de San Salvador.

O alcalde xunto ao edil de Vías e Obras, Javier Pardo, e a de Medioambiente, Nuria Rodríguez
Descargar todas as imaxes