Escoitar

O Concello de Vigo celebra o II Cíes Talent

Abel Caballero anunciou esta mañá a que a nova edición do festival de arte urbano terá lugar o 7 e 8 de outubro no parque Nelson Mandela de Navia.

xoves, 22 set 2022

 

Na segunda edición do Cíes Talent, Navía “volverá a encherse de vida e de arte moderno, coas Cíes como un emblema e un reclamo” sinalou o rexedor no día de hoxe.

O venres 7 comezará a pintura dos murais, que realizarán 5 grandes artistas, e que se inaugurarán o sábado as 20:00 horas. O programa tamén inclúe unha batalla exhibición de street dance entre España e Portugal. O evento contará cunha multitude de actividades complementarias, destacando as exhibicións e os talleres de iniciación.

Para os máis pequenos, durante ambos días estará en marcha o “Cíes Talent Kids”, con múltiples actividades adaptadas a súa idade, recibindo pautas de iniciación, clases e charlas sobre a cultura urbana. Como recalca Caballero, “é un festival centrado na xente xove e as novas culturas urbanas, que emerxen extraordinariamente na cidade de Vigo”.

Descargar todas as imaxes