Escoitar

O alcalde anuncia novas obras por valor de 4,3 millóns

Abel Caballero deu a coñecer novas inversións do crédito extraordinario entre as que se inclúen obras en Portal do Sol, a reordenación da rotonda Olímpicos e a zona de Pablo Iglesias, a humanización de Cesáreo Vázquez e una escultura de Rosalía de Castro na rúa que leva o nome da poetisa, entre outras accións.

xoves, 22 set 2022
Arquivo: o rexedor en rolda de prensa.
Arquivo: o rexedor en rolda de prensa.

O alcalde está a anunciar as inversións que levará a cabo o Concello co importe do crédito extraordinario de case 30 millóns de euros. As xa anunciadas en días previos, súmanse a humanización do último tramo de García Barbón – entre Isaac Peral e Sanjurjo Badía – a reordenación da rotonda Olímpicos e a humanización da zona da rúa de Pablo Iglesias, humanización en Cesáreo Vázquez, a cuberta do patio do colexio Frián, o skate park de Navia, o pago da última fase da Vía Verde na Fase II, a Porta do Sol e unha escultura en Rosalía de Castro.

Caballero manifestou que “estamos a construír Vigo aproveitando as boas finanzas e que o goberno local é cauteloso no gasto, polo que podemos utilizar os aforros para mellorar a cidade”. O rexedor lembrou que Vigo está a manter conxelados os impostos durante os últimos 4 anos, “o que supón unha redución da do 15% dos impostos en termos reais, acordes á inflación”.

Descargar todas as imaxes