O rexedor recibe ao novo comisario da Policía Nacional
Abel Caballero recibiu na Alcaldía ao novo comisario da Policía Nacional, Ramiro José Gómez García (Valladolid, 1967), onde mantiveron unha primeira xuntanza sobre a situación da cidade. O rexedor deulle a benvida e desexoulle o mellor dos traballos ao fronte da comisaría. Licenciado en Xeografía e Historia –especialidade de Arqueoloxía– pola Universidade de Valladolid, a súa cidade natal, Ramiro José Gómez suma unha traxectoria profesional de 25 anos no Corpo Nacional de Policía, onde ingresou en 1997. A Xefatura Superior de Cataluña foi o seu primeiro destino, trasladándose posteriormente á comisaría local de Aranda de Douro (Burgos). Tras unha etapa impartindo clases de investigación na Escola Nacional de Policía de Ávila e outra como responsable da Policía Científica da Comisaría Provincial de Ávila, en 2019 púxose ao mando da comisaría de Miranda de Ebro, de novo en Burgos. E tras o seu ascenso á categoría de comisario en setembro de 2021 xa foi destinado a Vigo, onde leste mesmo xaneiro tomou posesión como xefe local de Operacións.
Descargar todas as imaxes