O Outono Lírico 2022 traerá en outubro a Vigo “Falstaff”, a última ópera de Verdi
O alcalde e Amigos de la Ópera presentaron esta mañana o Outono Lírico 2022, “unha programación que cada vez ten máis nivel”, segundo destacou Caballero. No cartel deste 2022 destaca “Falstaff”, a última ópera de Verdi, que se representará el 30 de outubro.
O Outono Lírico arrancará este ano o próximo 1 de outubro cun programa deseñado por Amigos de la Oṕera que nesta ocasión inclúe 9 eventos en forma de concertos de ópera, proxeccións e conferencias.
O máis destacado do Outono Lírico 2022 é que, por primeira vez, poderase gozar en Vigo, desde a súa estrea no Scala de Milán en 1893, de “Falstaff”, a última ópera de Verdi. Será o día 30 de outubro, en versión concerto semi escenificado, cun elenco, enteiramente nacional formado por: Luís Pousado, José A. López, Carmen Solís, Leonor Bonilla, Francisco Corujo, María Luisa Corbacho, Anna Gomà, Josep Fadó, Javier Agulló e Pedro Martínez Tapia; coa OSV 430 e o coro Rias Baixas. A dirección musical correrá a cargo de Manuel Coves e Eugenia Corbacho será responsable da dirección escénica. O deseño de vídeo e iluminación será de Alejandro Contreras.
Antes, o día 1 de outubro, a soprano Maribel Ortega fará un repaso de presenza feminina na obra de Richard Wagner no concerto “Wagner. Mujeres e Deusas”. O día 15 de outubro, o tenor venezolano Aquilés Machado ofrecerá un recital, “PEGADAS”, que terá como protagonista a canción iberoamericana de compositores como Ginastera, López Buchardo, Modesta Bor ou María Grever. Como sempre outros eventos como o concerto de “NOVAS VOCES”, as proxeccións de “Badaladas a Medianoite” (Orson Welles), da ópera “A Vida Breve” (Falla) e o habitual ciclo de conferencias, complementan a oferta do outono lírico vigués que, este ano, cumpre a súa duodécima edición.
O Concello dedica a esta iniciativa cultural 60.000 euros, a Deputación, 20.00 euros e, por primeira vez, o Ministerio de Cultura fai unha achega de 15.000 euros. Na rolda de prensa, Caballero estivo acompañado por Daniel Diz, director de Amigos da Ópera de Vigo, ademais de José Grobas e Mariné Linares, membros da xunta directiva