venres, 27 mai 2005
O Festival Internacional de Piano Vigo 2005 continúa traendo á nosa cidade a desctacados intérpretes deste instrumento musical. Así, o sábado 28 de maio, a partir das 21:00, Pierluigi Camicia tocará pezas de Chopin no Auditorio do Concello. O domingo 29 será o turno de Enrique Bátiz e o luns 30, de Giovanni Humberto Battel.
xoves, 26 mai 2005
Mañá venres ás 21 horas no Auditorio Municipal do Concello será o quenda deste pianista, profesor do Conservatorio de Bari e director de varios concursos internacionais. Francesco Monopoli tocará obras de Scriabin, Prokofieff e Rachmaninoff nun homenaxe á música rusa.
mércores, 25 mai 2005
28 participantes na categoría infantil, 10 na xuvenil e 15 na modalidade de novo concertista; o número de solicitudes para participar no Concurso Nacional de Piano excedeu todas as expectativas. A gala de inauguración do concurso terá lugar mañá xoves coa actuación de Antonio Di Cristofano. Será ás 20 horas no Auditorio do Concello e estará conducida polo presentador Xosé Manuel Piñeiro.
martes, 24 mai 2005
28 participantes na categoría juvenil, 10 na xuvenil e 16 na modalidade de novo concertista é o punto de partida do novo Concurso Nacional de Piano, que se celebra, "con vocación de continuidade", a partir do vindeiro xoves 26 en diferentes auditorios de Vigo.
luns, 2 mai 2005
A alcaldesa, Corina Porro, pronunciará o martes na capital do Principado de Asturias a conferencia "As cidades como escenarios de eventos internacionais", na que falará do desafío que supón para as cidades a celebración de grandes acontecementos, como a Volta ao Mundo a Vela. O acto, que comezará ás sete do serán no Club Prensa Asturiana de Oviedo, será presentado polo alcalde desta cidade, Gabino de Lorenzo.
venres, 29 abr 2005
A alcaldesa decretou os servizos mínimos ante a folga indefinida do persoal dos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria que se inicia o sábado día 30 de abril. Estes servizos teñen carácter de esenciais polos riscos que para a saúde entraña a permanencia dos residuos sólidos, especialmente os orgánicos, nas vías públicas.
venres, 22 abr 2005
O capitán do buque, Keith Winstanley, visitou hoxe venres á alcaldesa Corina Porro. O barco permanecerá en Vigo ata o día 26 e logo zarpará cara a Ferrol.
mércores, 13 abr 2005
O tenente de alcalde, Manuel Iglesias, recibiu no Concello o comandante do buque belga Godetta, que vén de atracar por primeira vez no porto de Vigo. Xunto ao comandante do navío estivo o cónsul de Bélxica.
mércores, 13 abr 2005
A alcaldesa, Corina Porro, e a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, Pilar Rojo, asinaron dous convenios polos que se crearán unha nova gardería na rúa Palencia e tres campos de herba sintética en Monte de Mina-Castrelos, Navia e Barreiro.
martes, 12 abr 2005
A alcaldesa, Corina Porro, dixo que o goberno municipal quere que o proxecto da ETEA "sexa consensuado por todos". Ademais, Corina Porro referiuse á reconstrucción da pérgola de Genaro de la Fuente, á procura dun lugar para expor o mural de Isaac Díaz Pardo e á remodelación do contorno da alameda.