Escoitar

O alcalde anuncia o inicio da rexeneración urbana de Teis con 5 millóns de euros

Abel Caballero informou este xoves da aprobación europea do proxecto municipal de rexeneración urbana de Teis, dotado con 5 millóns de euros para 2009 e 2010. Melloraranse rúas e viais; instalaranse pantallas vexetais para aislar a autopista e o tren, e unha pasarela ecolóxica no borde litoral; recuperaranse praias, elementos tradicionais e a antiga fábrica de conservas Garavilla.

xoves, 30 abr 2009
1241096097P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves da aprobación e concesión por parte da Unión Europea do proxecto municipal de rexeneración urbana de Teis, elaborado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego.

O proxecto, a realizar este e o próximo ano, contempla un investimento total de 5 millóns de euros, dos que 4 proveñen de fondos europeos e o millón restante apórtao o Concello na humanización de Sanjurjo Badía, xa en execución.

Con cargo aos fondos europeos, segundo explicou o alcalde, esta iniciativa contempla as humanizacións de Sanjurjo Badía -desde o número 165 ata o final- e da Avenida de Galicia -desde o número 2 ata o 120-. Estas melloras iniciaranse este xullo, durarán 6 meses e o Concello conta cun millón de euros de orzamento.

Outra actuación prevista á a mellora das beirarrúas, o establecemento do carril bici e equipamento urbano en Julián Estévez; que comezará en febreiro de 2010 cun orzamento de 200.000 euros e as obras durarán 5 meses.

Ademais, e durante 11 meses desde setembro, acometerase a mellora de viais na zona industrial de Guixar, na zona comercial de Sanjurjo Badía e na lúdica do parque e as praias de A Guía; en total, un investimento de 410.000 euros.

O alcalde explicou asemade que instalaranse pantallas vexeitais, compostas por árbores, nas zonas da autopista e do ferrocarril, coa finalidade de "minorar o impacto ambiental e acústico". Esta mellora, de 40.000 euros, se inicia en outubre de 2010 e se alongará dous meses.

O Concello construirá neste setembro, e durante seis meses, unha pasarela ecolóxica no borde litoral de Teis, desde A Guía ata a Rotea, para o que conta cun orzamento de 990.000 euros. Ademais recuperará elementos tradicionais en Toural e en Ríos: un millón de euros para uns traballos que darán comezo tamén este setembro e se alongarán 15 meses.

Abel Caballero indicou asemade que se levará a cabo a recuperación das praias de Mende, A Lagoa, Ríos e Manquiña, e melloras de equipamento nos parques do Barrio das Flores, A Guia e A Riouxa; iniciando ambas melloras en xaneiro de 2010, cun orzamento de 200.000 euros.

A última actuación citada polo alcalde no trascurso da presentación foi a reconstrucción da antiga fábrica de conservas Garavilla, un referente da arquitectura industrial da zona. Para esta obra investirase 950.000 euros durante os 19 meses que duren os traballos, a iniciar este mes de outubro.

Máis mellora
A este proxecto, salientou o alcalde, se suma os preto de 4 millóns de euros de inversión municipal executados na mellora do mercado de Teis; o soterramento das vías do tren (que deixarán de circular, segundo afirmou o rexedor, no verán de 2010); o Paseo de A Guía, que inciarase "de inmediato" e a apertura da ETEA aos veciños.
Descargar todas as imaxes