Escoitar
Igualdade

Módulo "Economía e Xénero"

<br />

xoves, 30 abr 2009
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para 50 prazas gratuítas para participar no módulo: "Economía e Xénero" do programa oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta concellería.

No módulo impartiranse as seguintes sesións formativas:

"Traballo e Xénero"
14 e 15 de maio de 16.00 a 21.00h e 16 de maio de 10.00 a 14.00h

"Política Fiscal e Xénero"
21 e 22 de maio de 16.00 a 21.00h e 23 de maio de 10.00 a 14.00h

"Xénero, Familia, Traballo: construción das subxectividades femininas e masculinas"
28 e 29 de maio de 16.00 a 21.00h e 30 de maio de 10.00 a 14.00h

As persoas interesadas en participar deberán realizar unha inscrición previa, antes do 13 de maio, mediante correo electrónico ofi.muller@vigo.org ou fax 986 430 082 indicando o nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico, engadindo ademais se está interesada ou interesado en asistir ao módulo completo ou polo contrario especificar en que sesión formativa ten interese en participar.

Antes do comezo das sesións a Concellería de Igualdade confirmará as prazas, dando prioridade a aquelas persoas que se inscriban na totalidade do módulo.

Máis información sobre o profesorado, os contidos, prazo de inscrición e lugar de realización no tfno. 986 810 284 ou na web www.igualdadevigo.org"