Escoitar

O alcalde acorda con Teresa Pisano que Zona Franco pague a reparación das instalacións deportivas da ETEA

O alcalde e a delegada da Zona Franca en Vigo alcanzaron este acordo este mércores e "en 15 días", estimou Abel Caballero, se asinará o convenio polo que o Consorcio reparará directamente as instalacións deportivas ou revertirá no Concello o seu custo. "As negociacións chegaron a bo porto", salientou o alcalde.

mércores, 29 abr 2009
1241010602pisano.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a delegada da Zona Franca en Vigo, Teresa Pisano, acordaron este mércores que o Consorcio asuma o custo da reparación das instalacións deportivas da ETEA. Así o confirmou o rexedor en rolda de prensa despois dunha reunión coa delegada.

Atendendo ao informe do Tribunal de Contas, Abel Caballero e Teresa Pisano acordaron redactar un convenio -que será rubricado "en 15 días"- polo que a Zona Franca reparará e costeará a reparación ou dirixirá os fondos ao Concello para que este o execute.

O alcalde mostrou a súa "absoluta satisfacción, a da Zona Franca e a da cidade de Vigo" polo acordo acadado. "As negociacións chegaron a bo porto", indicou Abel Caballero, quen explicou que a delegada do Consorcio transmitirá na tarde deste mércores ao Comité Executivo a decisión adoptada.

Compensacións
Para acometer actuacións como a reparación das instalacións deportivas da ETEA, o Tribunal de Contas informou que Zona Franca podería recibir algunha compensación. Tal e como informou o alcalde, Abel Caballero e Teresa Pisano acordaron que esta contrapartida son as obras que está a acometer o Concello das que se beneficia ao Consorcio.

O alcalde citou o exemplo das melloras no saneamento e abastecemento que conlevan as humanizacións en execución da Avenida de Portanet, da Avenida de Balaídos, de Eugenio Kraft, ou da rúa Olímpicos. Estes traballos, acometidos polo Concello, benefician á Zona Franca, segundo explicou Abel Caballero.

O rexedor sinalou asemade que valorarase o beneficio que supón para o Consorcio estas melloras que está a efectuar o Concello para estimar a posibilidade de que Zona Franca asuma máis obras para a cidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes