Escoitar

O alcalde viaxou a Madrid para participar no comité executivo da FEMP

A executiva da FEMP acordou hoxe martes solicitar ás comunidades autónomas e aos Concellos dinamizar a economía en base ao investimento público, ao I+D+i, e desenvolver políticas sociais e sostibles. Abel Caballero asistíu tamén este martes á toma de posesión de Antón Louro como delegado do Goberno en Galicia.

martes, 28 abr 2009
1240923844comisionejecutiva.jpg
Alcalde de Sabadell, Manuel Bustos e alcalde de Vigo, Abel Caballero
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, viaxou este martes a Madrid para participar nunha nova reunión do Comité Executivo da Federación Española de Municpios e Provincias (FEMP), ademais de presenciar posteriormente a toma de posesión de Antón Louro como novo delegado do Goberno para Galicia.

Segundo resolveu a comisión este martes, a FEMP pedirá ás Comunidades Autónomas que promovan acordos autonómicos polo emprego, o crecemento económico e a renda social de inserción, e que conten para iso cos gobernos locais.

A Comisión Executiva da FEMP trasladará ás CC.AA. e a todos os gobernos locais a necesidade de que leven a cabo actuacións en catro frontes básicas: o investimento público en infraestruturas para dinamizar a economía; o desenvolvemento de políticas sociais con estruturas dotacionais; un investimento forte en I+D+i; e a aplicación de políticas sostibles, para a denominada "economía verde", en materia de rehabilitación urbana, enerxías renovables ou aforro enerxético.

28 millóns
A reunión deste martes serviu asemade para sumar novas adhesións á Rede Española de Cidades polo Clima, que preside o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

A Comisión Executiva da FEMP deu o visto bo á incorporación de tres Concellos, os de Moraña (Pontevedra), Areas de San Pedro (Ávila) e Chiclana de la Frontera (Cádiz), e da Deputación Provincial de Ourense á Rede Española de Cidades polo Clima. Con estas novas adhesións, a Rede conta con 277 Entidades Locais que representan a preto de 28 millóns de persoas.

`b]Outros asuntos
O Comité Executivo coñeceu hoxe ademáis o informe da Federación sobre o proceso de negociación do financiamento local e das medidas económicas para a mellora da liquidez e o pago a pymes e autónomos, xa que moitos concellos presentan dificultades de pago por falta de liquidez. O Concello de Vigo si conta con liquidez e realiza os pagos nun periodo dun mes, segundo aseverou a propia concelleira de Economía, Raquel Díaz, onte luns.

Os membros da FEMP tomaron coñecemento tamén de sendos informes sobre negociacións coa Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) e do V Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas.
Descargar todas as imaxes