O Concello de Vigo e Caixa Galicia asinan un convenio e ofrecen un curso de formación sobre plans de empresa e microcréditos
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Promoción Económica e Emprego, e Obra Social Caixa Galicia asinan un convenio de colaboración para fomentar o autoemprego e apoiar aos emprendedores mediante a concesión de microcréditos.
A sinatura do texto e a presentación do proxecto conta coa presenza do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, d. Santos Héctor Rodríguez, e da Responsable de Programas de Inclusión Social de Caixa Galicia, Sabela Couceiro Núñez.
Neste contexto de colaboración, ambas institucións ofrecen o curso gratuíto "Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito", con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas e dirixido a emprendedores cunha idea de negocio que necesiten financiamento.
O curso desenvolverase en colaboración co Servizo de Asesoramento a Emprendedores do Concello de Vigo; as persoas participantes no curso que teñan unha idea empresarial viable, poderán recibir asesoramento personalizado para elaborar o seu Plan de Empresa e unha vez que finalicen a súa elaboración, poderán presentar a súa solicitude de microcrédito ante Caixa Galicia.
Con esta acción, Obra Social Caixa Galicia e o Concello de Vigo pretenden contribuír á xeración de emprego mediante un apoio integral que proporciona formación aos emprendedores para mellorar a súa capacitación, asesoramento empresarial personalizado e gratuíto para estudar a viabilidade dos seus proxectos, e facilitando o acceso a financiamento en condicións preferentes.
As experiencias previas en A Coruña, Santiago, Carballo, Madrid e agora en Vigo, cunha moi boa acollida, confirman que existe demanda para este tipo de iniciativas e a oportunidade de prestar un apoio integral ás persoas que están pensando en pór en marcha un negocio como unha forma máis de combater a crise económica.
Os microcréditos Caixa Galicia están dirixidos a persoas sen acceso ao financiamento bancario por insuficiencia de garantías ou de avais e ofrecen unhas condicións preferentes: importe de ata 25.000 €, a un tipo de interese do 4% fixo e 5 anos de amortización con 6 meses de carencia opcionais.
Descargar todas as imaxes