O Equipo de Vixilancia e Apoio Policial actualizase cunha páxina web, máis dotación informática e cursos formativos
O concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño e o e o Xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, presentanron as novas accións formativas e informativas do Equipo de Vixilancia e Apoio Policial(EVAP). Este equipo ten como finalidade prestar unha atención preferente á asistencia e protección das mulleres que foron obxecto de comportamentos violentos no ámbito familiar e atenuar, na medida do posible, os efectos de devanditos malos tratos.
O equipo créase no seo do Corpo da Policía Local de Vigo e está integrado por funcionarios policiais especializados no tratamento da violencia de xénero e doméstica, así como con formación específica en instrumentos e indicadores de valoración do risco.
A actualización do EVAP pasa pola realización de cursos formativos, informatización da unidade e a activar a páxina web
http://hoxe.vigo.org/movemonos/policia_evap.php?lang=gal
Páxina web
Esta unidade conta cunha páxina web propia , dentro da páxina oficial da Policía Local de Vigo no portal de VIGO.ORG, da sección dedicada ao EVAP. A través desta páxina preséntanse os contidos fundamentais de funcionamento do Equipo. Destaca dentro desta sección, o apartado denominado "CONTACTA", de acceso libre e público, que permite as 24 horas do día, desde calquera lugar ao que se teña acceso a Internet (domicilio, prazas e outros lugares públicos) a calquera muller ou persoa interesada, poñerse en contacto directo co Equipo, posibilitando a formulación de calquera tipo de cuestión, dúbida, ata denuncia, que será atendida por devandito equipo especializado, coa precisa reserva.
Informatización da unidade
Outro aspecto de actualización é a conclusión do proceso de informatización do Equipo, coa dotación de ordenadores portátiles e compactos, con conexión a Internet posibilitando desde calquera lugar do territorio municipal, acceder ás diferentes bases de datos de uso policial. Esta acción conlleva maior presenza e dedicación operativa no propio terreo, o que complementado cos terminales telefónicos especiais de dotación persoal que posúen todos os funcionarios adscritos a este Equipo, permiten recibir información da vítima as 24 horas do día.
Curso formativo
A xefatura da Policía Local de Vigo, a través do E.V.A.P. organiza unha actividade formativa impartida por funcionarios policiais cualificados dirixida a mulleres que se atopan integradas no plan de protección policial de vítimas de violencia de xénero, co obxecto de formalas sobre determinadas técnicas básicas de autoprotección.