xoves, 30 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este xoves que coa construción do polideportivo e o campo de herba sintética, que xa están en execución, e coa segunda fase que inclúe unha zona de auga e ximnasio, o barrio de Navia contará co segundo complexo deportivo máis importante de Vigo tras o de As Travesas.
xoves, 30 abr 2009
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este xoves que a fase de ascenso a Primeira Nacional dos equipos masculino e feminino do Clube Seis de Nadal de Balonmán se disputa esta fin semana, 1, 2 e 3 de maio, nos pavillóns de Travesas e Coia. Segundo o edil trátase "dun espectáculo digno de ver", polo que anima a toda a cidadanía a presenciar os partidos.
xoves, 30 abr 2009
Tras máis de seis anos realizando exclusivamente exposicións colectivas, neste 2009 o MARCO inicia unha nova liña de exposicións individuais, ben de carácter retrospectivo, ou a través de proxectos específicos, como é o caso da proposta de Santiago Sierra, que ocupará todos os espazos da planta baixa. A exposición poderase ver do 1 de maio ao 27 de setembro.
Mobilidade e Seguridade
xoves, 30 abr 2009
Con motivo do inicio da época estival e para actualizar as autorizacións de ocupación dos postos de venda ambulante existentes en Samil, infórmaselle ás persoas que tiveron autorización durante o ano 2008 que para a renovación das mesmas deberán presentar a seguinte documentación:
Promoción Económica e Emprego (SAE)
xoves, 30 abr 2009
A SAE, servicio de asesoramento a emprendedores/as dependente da Concellería de Promoción Económica e Emprego, organiza un curso gratuíto dirixido a persoas que queiran iniciar unha actividade de autoemprego.
xoves, 30 abr 2009
A dársena da Laxe converteuse na gran protagonista desta ponte maio en Vigo. A expectación creada os días previos, nos que os preparativos non cesaron, teñen desde hoxe o seu recompensa; cheo total no Village "Alberto Durán", centro neurálgico das actividades que con motivo da Tall Ships Race instalouse no porto.
Igualdade
xoves, 30 abr 2009
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto "Hábitos de vida saudable" (20 horas).