O tenente de alcalde destaca que Navia contará co segundo complexo deportivo máis importante de Vigo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este xoves que coa construción do polideportivo e o campo de herba sintética, que xa están en execución, e coa segunda fase que inclúe unha zona de auga e ximnasio, o barrio de Navia contará co segundo complexo deportivo máis importante de Vigo tras o de As Travesas.
No transcurso dunha visita que realizou á zona para comprobar o inicio das obras e na que tamén participou o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o tenente de alcalde salientou que se trata de "dúas actuacións emblemáticas para Navia".
Santi Domínguez explicou que a construción do polideportivo e o campo de herba sintética forman parte da primeira fase dun proxecto da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes, que se completará na segunda fase coa construción da piscina olímpica, pistas de raqueta e ximnasio. "En dous anos ademais dun gran parque, os veciños e veciñas de Navia poderán disfrutar dun gran complexo deportivo", salientou.
As obras contan cun investimento total de 6 millóns de euros, dos que 4.585.643 euros se destinan ao polideportivo e 1.402.544,40 euros ao campo de fútbol de herba sintética. Neste sentido, o tenente de alcalde sinalou que o pavillón terá unha capacidade para 1.500 espectadores e estará dotado con ximnasio, enfermería, ascensor, oito vestiarios, sala de control antidopaxe e bancada móbil para 384 espectadores. Pola súa banda, o campo de fútbol, que se ubicará anexo ao polideportivo, terá unhas dimensións de 104 x 63 metros e capacidade para 413 espectadores. Dará servizo a clubs de Navia, Alcabre, Balaídos e Coia.
"Pero tamén coidamos a integración destas infraestruturas no contorno", salientou Santi Domínguez, quen explicou que o polideportivo contará cunha cuberta rematada por céspede artificial. Asemade, indicou que se reservarán zonas de aparcamento para que sexan utilizadas polos usuarios e usuarias. "A semana que vén se iniciarán os pilotaxes e en pouco tempo xa poderemos ver a estrutura", sinalou.
Respecto ao complexo termal anunciado pola Deputación de Pontevedra e preguntado polos xornalistas, o concelleiro de Deportes Xabier Alonso salientou que estará "encantado de que a Deputación invista dunha vez no deporte da cidade". Sinalou que ese complexo "non é máis que unha promesa xornalística" da que non se ten concretado nada. Pola contra subliñou que o polideportivo e o campo de fútbol que se están construíndo son "unha vella proposta da asociación veciñal de Navia na que o BNG xa viña traballando dende moito antes das eleccións".
Descargar todas as imaxes