Escoitar

ADIF asume directamente a construcción da nova estación de Urzáiz, xa contratada a Thom Mayne

O alcalde entrevistouse hoxe mércores co director de Estacións de ADIF, Miguel Ángel Campos, quen confirmoulle , segundo informou Abel Caballero, que a estación de Urzáiz ten "interese preferente" para ADIF polo que o asumen directamente. O rexedor confirmou que Mayne xa asinou o contrato con ADIF para a redacción do proxecto.

mércores, 29 abr 2009
1241010460adif.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que a Administración de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) do Estado asume directamente a nova estación de Urzáiz polo seu "interese preferente", e confirmou que o premiado arquitecto Thom Mayne xa asinou coa entidade estatal o contrato para a redacción da mesma.

Abel Caballero mantivo hoxe mércores unha entrevista cos responsables de explotación de infestruturas de ADIF, encabezados polo seu director xeral de Estacións, Miguel Ángel Campos.

O alcalde afirmou que ADIF considera a nova estación de Urzáiz de "interese preferente" pola súa "envergadura, tamaño e volume de actividade" polo que prescinde da intermediación de Riofisa, a empresa que habitualmente xestiona a construcción das novas estacións ferroviarias.

O alcalde valorou esta decisión como unha "magnífica nova" que elimina intermediarios e sitúa ao rexedor local e ao director de Estacións como únicos interlocutores para este proxecto.

Abel Caballero reiterou que o proceso de construcción da nova estación de Urzáiz continúa a un "magnífico ritmo" e recordou que a estación provisional de Guixar será licitada "de inmediato", en maio de 2010 estará rematada e, en torno a xullo e agosto, se iniciará o derrubo da actual estación de Urzáiz.

Aparcadoiros
Por outra banda, o alcalde de Vigo informou que o edil de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, está a negociar coas concesionarias dos aparcadoiros de A Laxe, a Porta do Sol e o Berbés para ofertar tarifas reducidas para residentes pola noite.

A opción que barallan os responsables municipais, e así o está a negociar o concelleiro, é facilitar que os residentes poidan facer uso dunha praza nalgún destes tres aparcadoiros durante o tempo no que duren os traballos de humanización e cunha tarifa asequible.
Descargar todas as imaxes