Escoitar

O MARCO inaugura a de Santiago Sierra

Tras máis de seis anos realizando exclusivamente exposicións colectivas, neste 2009 o MARCO inicia unha nova liña de exposicións individuais, ben de carácter retrospectivo, ou a través de proxectos específicos, como é o caso da proposta de Santiago Sierra, que ocupará todos os espazos da planta baixa. A exposición poderase ver do 1 de maio ao 27 de setembro.

xoves, 30 abr 2009
Santiago Sierra (Madrid, 1966) é un dos artistas máis interesantes da escena artística internacional. O seu traballo, vinculado a estruturas sociais ou políticas, pretende cuestionar as relacións de poder establecidas no ámbito artístico e no social.

O acto de inauguración da exposición terá lugar ás 20 horas do 1 de maio e contará coa presenza do alcalde de Vigo e presidente da Fundación MARCO, Abel Caballero Álvarez, e do Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, que acompañarán ao director do MARCO e comisario do proxecto, Iñaki Martínez Antelo-

A xornada inaugural deste Primeiro de Maio, Día do Traballo, estivo precedida por unha "acción laboral" aberta ao público o martes 28, mércores 29, e que continúa hoxe xoves 30 de abril. A partir de mañá venres ás 11.00, e coincidindo coa apertura de salas ao público, no salón de actos exhibirase o vídeo cunha charla de José Luis Velasco baixo o título "Para os traballadores sempre hai crise" que forma parte do proxecto de Santiago Sierra para o MARCO.