Uns 500 vigueses coñeceron as Illas Cíes e percorreron Fragoselo-Saiáns no primeiro día do camiño e camiño
A nova edición do programa da Concellería de Medioambiente, o "Vigo Camiño a Camiño", iniciouse onte domingo levando de xeito gratuito a 200 vigueses a coñecer as Illas Cíes e a outros 300 á ruta Fragoselo-Saiáns. O segundo percorrido visitará O Galiñeiro o próximo domingo 3 de maio, e o prazo de inscripción deu comezo hoxe luns no teléfono 010.
O programa "Vigo Camiño a Camiño" da Concellería de Medioambiente iniciouse onte domingo coas dúas primeiras rutas, que levaron a 200 persoas a coñecer as Illas Cíes e a outros 300 vigueses a percorrer Fragoselo-Saiáns; en total, unhas 500 persoas participaron de xeito gratuito na primeira etapa desta iniciativa.
As persoas participantes tanto na ruta de Cíes como na de Fragoselo-Saiáns recibiron información sobre o perfil técnico e as características dos percorridos, documentación que está tamén dispoñible na web municipal (www.vigo.org).
Por outra banda, hoxe luns abriuse o prazo de inscripción -exclusivamente no teléfono 010 e durante toda esta semana- para a segunda xornada da iniciativa da Concellería de dirixe Chus Lago. O vindeiro domingo 3 de maio, as persoas inscritas realizarán a ruta do Galiñeiro, unha das mellores valoradas polos participantes nas edicións anteriores do "Camiño a Camiño".
A fin de semana do 9 e 10 de maio terá lugar a primeira das novidades que introduce esta nova edición do programa da Concellería de Medio Ambiente, dous días nos que visitarase de novo as Illas Cíes con rutas, observación nocturna de estrelas e acampada nas propias Illas, tamén de xeito gratuito. A inscripción abrirase o luns inmediatamente anterior á celebración da ruta, neste caso, o vindeiro luns 4 de maio.
Descargar todas as imaxes