Escoitar

As entradas para o concerto de Leonard Cohen en Castrelos sairán a venda o 8 de xuño

A actuación do poeta e cantante estadounidense Leonard Cohen é o primeiro dos grandes concertos xa confirmados que se celebrarán este verán nas festas de Vigo, segundo anunciou estes venres o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, tras pechar onte a contratación do artista.

venres, 24 abr 2009
1240577729leonard.jpg
O concerto terá lugar o 13 de agosto no auditorio de Castrelos e as entradas sairán á venda o 8 de xuño. En total serán 2.000 localidades as que se porán en taquilla a partir do 8 de xuño. O prezo é de 18 euros se a compra é anticipada e 20 euros se se realiza en taquilla. As entradas poderán adquirirse a través da taquilla electrónica de Caixanova en www.servinova.com.


A actuación de Castrelos forma parte da xira "World Tour 09" que o artista canadiense iniciou o ano pasado e coa que está facendo un amplo percorrido por cidades de todo o mundo, tras quince anos sen subir a un escenario. Esta xira coincide asemade coa publicación do seu último traballo, "Live in London".

Descargar todas as imaxes