Programación especial no Verbum con motivo do sexto aniversario
O Verbum celebra o seu sexto aniversario cunha programación especial pensada para achegar os contidos do museo á cidadanía. Ata o 30 de abril haberá xornadas de portas abertas. Os días 24,25 e 26 ofrecense visitas teatralizadas para coñecer polo miúdo todos os segredos do museo. As celebracións chegarán ao seu punto máis animado da man de Xoan Curiel que levará ao museo ritmos de bossa mesturados coa tradición galega.
Esta programación especial verase complementada coa celebración na Casa das Palabras do Congreso de Literatura Potencial Pé de Letra, coas exposicións temporais do Scriptorium Verbumiense, SeveroreveS e ArteletrA, coas aventuras de Leo Marcapáxinas nos obradoiros para familias, co ciclo de Poesía Poéticas para unha Vida e cos actos do 23 de abril conmemorando o Día Internacional do Libro e o 29 de abril, Día Internacional da Danza.
A exposición permanente do museo VERBUM será a protagonista do espectáculo teatral que se representará neste espazo os días 24, 25 e 26 de abril de 2009. Este espectáculo á carta, especialmente deseñado e producido para o VERBUM, axudará a ampliar o panorama cultural e artístico que esta exposición ofrece ao visitante. O espectáculo, inspirado nos contidos da propia exposición, está escrito pola dramaturga Mª Fernanda Cosín, dirixido Ana Carril e producido por EscénaTe.
O sábado, 25 de abril, ás 20 horas terá lugar a actuación de "Xoan Curiel e a súa banda" . Xoan Curiel é un dos artistas galegos de maior proxección , acompañado da súa banda, adentrarase nun estilo de autor e de fusión, no que a tradición musical galega estará mesturada con rock, pop, soul, música electrónica e étnica. "Nai" é o primeiro álbum de Xoan Curiel. Contén as súas creacións en lingua galega. Nel comparten espazo as súas letras e músicas cunha marcada influencia dos ritmos étnicos do mundo, así como as poesías de Antía Otero e Gisneide Nunes, as voces de Uxía e Jara Ortiz.
Descargar todas as imaxes