Escoitar

Vigo acolleu unha xornada técnica estatal sobre reducción de emisións e xestión da enerxía e do auga

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, inaugurou este mércores unha xornada de carácter técnico, organizada pola Rede Española de Cidades polo Clima, na que presentaronse de xeito teórico e práctico ferramentas para a diagnose e reducción das emisións nos concellos e para a xestión da enerxía e do auga. <br />

mércores, 22 abr 2009
1240407733jornadasclima.jpg
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou este mércores unha xornada técnica -organizada en Vigo pola Rede Española de Cidades polo Clima- na que presentouse e explicouse a técnicos municipais dúas ferramentas para a diagnose e reducción das emisións dos concellos e para a xestión da enerxía e do auga.

Esta iniciativa procura ofrecer ás localidades distintos mecanismos teóricos e tamén prácticos que permitan ás instalacións municipais computar e reducir as emisións e optimizar a súa xestión da enerxía e do auga. Vigo acolleu hoxe mércores a segunda das xornadas celebradas en España, pois onte martes tivo lugar en Valladolid, e posteriormente celebraranse en Murcia, Barcelona, Huelva e Madrid.

A Rede Española de Cidades polo Clima elaborou dúas ferramentas que permiten aos técnicos e representantes municipais coñecer o consumo enerxético e hídrico que producen as instalacións de titularidade municipal, así como todos os servizos prestados polo propio Concello.

As ferramenta céntrase en dar a coñecer os fluxos enerxéticos e o consumo de auga asociados ás propias actividades do Concello, incluíndo os servizos e instalacións municipais, co fin de reducir as emisións producidas polo consumo de enerxía e optimizar o uso da auga.

O obxectivo final desta xornada foi dotar aos técnicos e aos municipios dunha ferramenta útil na xestión municipal, de fácil manexo e actualización, polo que contouse coa participación directa de varios técnicos municipais no seu desenvolvemento, xa que achegan información de primeira man sobre as súas necesidades de xestión e realizar correccións e melloras para que a esta cubra as súas expectativas.
Descargar todas as imaxes