Escoitar

Máis de 500 deportistas participarán esta fin de semana no Campionato de España de Duatlón

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este martes que máis de 500 deportistas participarán esta fin de semana, 25 e 26 de abril, no Campionato de España de Duatlón. O edil animou á cidadanía a presenciar "unha proba deportiva de tan alto nivel que se celebra nun marco incomparable como é o parque de Castrelos e a avenida Clara Campoamor".

martes, 21 abr 2009
1240319998duatlon.jpg
"O Concello de Vigo ten que apoiar probas como esta, que están na elite deportiva e que conxungan a presenza de deportistas do máis alto nivel con deportistas de base", salientou o concelleiro de Deportes. Neste sentido Alonso felicitou á Federación Galega de Triatlón, "polo traballo que ten feito para que a cidade acolla unha proba destas características, que non ten a dureza do triatlón pero que tamén é moi dura e na que participarán campións do ano pasado".

O campionato comezará o sábado día 25, a partir das 15 horas, coa saía masculina dos grupos por idade 20-24, 25-29 e 30-34. Ás 15.10 horas será a saída do grupo de idade 35-39 e ás 15.25 horas terá lugar a saída da proba feminina. O domingo, 26 de abril, ás 10 horas comezarán será saída da proba feminina de elite e sub-23 e ás 12 horas está programada a saída da proba masculina de elite e sub-23.

O concelleiro de Deportes explicou que as probas a pé se disputarán no parque de Castrelos, mentres que as de bicicleta terá lugar na subida da avenida Clara Campoamor. Asemade, a saída, os boxes e a meta estarán ubicados no parque de Castrelos. Concederanse medallas aos tres primeiros clasificados en cada categoría e trofeos aos tres primeiros clubes elite e sub-23, aínda que haberá agasallos conmemorativos para todos os participantes no campionato.
Descargar todas as imaxes