Escoitar

XIII Festival "Os Reencontros" da Escola Municipal de Danza

A Escola Municipal de Danza organiza o próximo mércores, 22 de abril, o XIII Festival "Os Reencontros" que se celebrará a partir das 20 horas no auditorio do Centro Cultural Caixanova con entrada gratuíta.

luns, 20 abr 2009
1240233898reen.jpg
No festival participarán 35 alumnos/as da Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional do Concello de Vigo, con idades comprendidas entre os 8 e os 65 anos, acompañados polo grupo de gaitas "Airiños do Parque de Castrelos". Como grupo convidado, contarae coa agrupación A.C TANGARAÑO, dirixida por Clara Mª Cabezas Gómez.

Esta é a décimo terceira edición do festival "OS REENCONTROS", que anualmente presenta unha mostra do folklore galego, do traballo que se fai na Escola, e tamén do realizado en distintas agrupacións da nosa cidade ou fora dela.

É un reencontro con agrupacións que tiveron ou teñen relación con esta Escola a través do director, Polo. Na maioría dos casos, os mestres ou directores dos grupos participantes, son antiguos alumnos ou colaboradores del.


PROGRAMA:

GRUPO "ALBORADA" (alumnas 8-11 anos):
- Danza das patelas
- Xota

GRUPO "FAISCAS" (alumnas maiores de 16 anos):
- Xota
- Pandeiro

GRUPO "OS PETISCOS" (alumnos/as 11-12 anos):
- Muiñeira Nova
- Muiñeira de Redondela


GRUPO "OS PEQUENEIROS" (alumnos/as 6-7 anos):
- Muiñeira

GRUPO DE PERCUSIÓN "CASCAREXO" (alumnos/as +16 anos):
- Xota: "Somos de Vigo".
- Pasacorredoiras: "Xa me dixo teu pai".
- Pandeiro.

A. C."TANGARAÑO"
DIRECTORA: CLARA Mª CABEZAS GÓMEZ


Descargar todas as imaxes