Escoitar

O alcalde e o xerente acordan iniciar o novo Plan Estratéxico de Provigo e potenciar o aeroporto

O alcalde, Abel Caballero, e o novo Xerente, José Armesto, acordaron hoxe venres convocar ao Patronato de ProVigo para relanzalo en torno a catro eixos de actuación: a adaptación legal dos estatutos, os orzamentos, a revisión do Plan Estratéxico da Fundación e a potenciación de Peinador con vistas á saída da crise.

venres, 17 abr 2009
1239974016provigo.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o novo Xerente de ProVigo, José Armesto, acordaron hoxe venres convocar ao Patronato da Fundación para relanzar a actividade da entidade.

Abel Caballero indicou que a acción de ProVigo xirará en torno a catro eixos principais: a aprobación da reforma dos estatutos para adaptala á lei de 2006 de Fundacións (para o que se encargou un informe); a presentación dos orzamentos de 2009 e a revisión dos do 2008; definir os elementos centrais de actividade en base a un novo Plan Estratéxico; e renovar a potenciación do aeroporto de Vigo.

No tocante ao Plan Estratéxico, o alcalde sinalou a necesidade da posta ao día e seguemento do actual e ademais comenzar a sentar as bases do futuro Plan e do seu espazo temporal. O rexedor asegurou que a Universidade de Vigo será o "núcleo elaborador" do documento pola "experiencia e capacidade" que atesora.

O último eixo atende á renovación da potenciación de Peinador desde a Fundación ProVigo. A crise está tendo incidencia en Vigo, segundo afirmou Abel Caballero, polo que realizarase un plantexamento para buscar a mellor saída á mesma, máis aló da promoción turística. A este respecto, o alcalde adiantou que solicitará unha entrevista co Presidente de Aena.
Descargar todas as imaxes