Escoitar

O concello tramitará a próxima semana a declaración de zona protexida do entorno de Joaquin Loriga

O alcalde adiantou este venres que a Xunta de Goberno Local iniciará a vindeira semana a tramitación da declaración de Zona Protexida do entorno de Loriga, ao tempo da publicación da ordenanza contra o botellón no BOP. Abel Caballero agarda que o 10 de maio estea instalada a sinalización vertical e inicie a vixencia da normativa no entorno. <br />

venres, 17 abr 2009
1239973801planobotellon.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou este venres que o próximo luns, 20 de abril, a Xunta de Goberno Local iniciará a tramitación do entorno de Loriga como zona protexida.

Esta zona será a primeira na que se aplicará a ordenanza contra o botellón, a falta da publicación da normativa no BOP, que terá lugar a próxima semana para que en 20 días, unha vez resoltas as alegacións -no caso de existilas- pase a aprobación definitiva.

O obxectivo manifestado polo alcalde é que, mentres se tramita a ordenanza, o goberno acelere os trámites para que poida entrar en vigor a protección de Loriga o antes posible. Abel Caballero estima que o próximo 10 de maio podería estar en aplicación.

Sinalización
O alcalde mostrou en rolda de prensa a sinalización vertical que será instalada nas rúas afetadas pola declaración, acotando o espazo protexido. En Loriga, será instalada en Ecuador (entre Simón Bolívar e Finisterre), Simón Bolívar e Panamá (entre Ecuador e Venezuela) e Joaquin Loriga (entre Ecuador, Finisterre e Venezuela).
Descargar todas as imaxes