Exposición pública do padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica do 2009
<br />
Segundo a publicación no BOP núm. 67 de data 8 de abril de 2009, estará en exposición pública o padrón do Imposto sobre vehículos de tracciòn mecánica do ano 2009 dende o 9 de abril ata o 23 de abril inclusive, na oficina do Imposto de vehículos de tracción mecánica do Concello de luns a vernes, e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador.
As persoas interesadas poderán consultar o dito padrón e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 57/2003 de medidas para a modernización do goberno local.