Limpeza inicia unha campaña para "achegar o reciclaxe á cidadanía"
A concelleira de Limpeza, Raquel Díaz, presentou este venres a campaña TeleRecicla, para concienciar e informar á cidadanía sobre a separación de residuos. A iniciativa, de balde para o Concello, se inicia o próximo luns e contempla distribuir trípticos, instalar iglús informativos na rúa e visitas do persoal cualificado aos fogares que o soliciten. <br />
A concelleira de Limpeza, Raquel Díaz, presentou hoxe venres a campaña TeleRecicla, para "achegar o reciclaxe á cidadanía" con accións informativas e dirixidas á sensibilización.
A campaña básase na "reciclaxe a domicilio", segundo explicou a edil, e a resolución de dúbidas, para o que os vigueses contan con tres vías: un teléfono gratuito (902 05 03 01), unha páxina web (www.telerecicla.com) e o reforzo do persoal cualificado na campaña na cidade.
Neste último punto, Díaz indicou que azafatas e persoal motorizado estarán durante seis días en Vigo para informar e resolver dúbidas cara a cara aos vigueses. Os motoristas incluso poderán visitar os domicilios daqueles que o soliciten para recoller os plásticos e depositalos no contedor amarelo correspondente.
A acción da campaña divídese en tres fases: o buzoneo (do 20 ao 24 de abril), no que personal de TeleRecicla repartirá 120.000 trípticos por todo Vigo; a visita das azafatas (o 29 e 30 de abril) coa instalación de iglús amarelos nos que repartirán merchandising, imanes e 9.500 folletos; e a acción dos motoristas de reciclaxe a domicilio (do 1 ao 4 de maio) por toda a cidade.
Estes motoristas, un total de oito persoas, contarán con oito motos e dous furgóns para visitar aqueles fogares que o soliciten a través do teléfono gratuito ou da web de TeleRecicla, con fins informativos sobre a separación de residuos, e incluso a recollida dos plásticos.
Raquel Díaz valorou os esforzos de todos os departamentos municipais para acadar unha cidade sostible e, no tocante ao seu departamento de Limpeza, "queremos que Vigo sexa unha das cidades de España que máis recicle".
A edil salientou que Vigo está a incrementar paulatinamente os índices de recollida de reciclaxe. En 2008, os vigueses reciclaron 2,5 toneladas de plásticos, 2,8 de vidro e 6,2 toneladas de cartón, ademais de 35.000 kg de pilas.