A concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto: "Ser home por un día"<br />
Obradoiro só para mulleres que trata a identidade e a construción do xénero como práctica para-teatral. A masculinidade, como a feminidade, son o resultado dunha construción socio-cultural.
Cada mañá, millóns de persoas en todo o mundo caracterízanse para desenvolver o papel que a sociedade lles ten asignado: unhas vístense como homes, outras como mulleres. E durante todo o día actúan como tales, como lles aprenderon desde pequenas. Pero como sabe perfectamente calquera actriz e calquera actor, unha vez que coñeces a mecánica da actuación, estás preparada para afrontar con maior ou menor fortuna calquera tipo de personaxe.
O que queremos propoñer é un cambio de papeis. Por un día, polo menos, asumir o personaxe do outro, e concienciarnos de que o xénero é algo construído e, polo tanto, modificable. Se os homes ocupan a posición do dominio non é porque o mande a natureza, e aprender a actuar como un home, aprender a ser o dominante, é algo ao alcance de calquera muller.
Cada participante quedará co que lle sexa útil deste obradoiro, pero todas terminamos cunha experiencia compartida (e a emoción) de ter chegado máis aló do noso "eu" cotiá e ter agrandado o noso repertorio de xénero.
Metodoloxía:
Dúas actrices (Patricia de Lorenzo e Natalia Outeiro) e unha maquilladora traballarán con cada unha das participantes para transformalas totalmente. Aprenderase a ocupar o espazo, camiñar, comer, falar, etc. como homes. Relacionarémonos entre nós como as nosas personaxes e desenvolveremos novas identidades. O obradoiro remata cunha visita a un lugar público, onde se porá a proba as novas identidades.
Duración:
O obradoiro ten 6 horas de duración. As interesadas poderán elixir entre facelo o martes, 5 de maio de 16,00 a 22,00 horas ou dividido en dous días: mércores 13 e xoves 14 de maio de 18,30 a 21,30 horas.
Inscricións: As inscricións realizaranse na concellería de Igualdade.1ª planta Casa do Concello. Teléfono 986.810.284 en horario de 8 a 15 h. ata completar o número de prazas. www.igualdadevigo.org
Lugar: Casa das Mulleres. Prazas limitadas