Escoitar

As clases da Escola Municipal de Teatro reanudaránse a próxima semana

O Concello xa comunicou á empresa que imparte o servizo e aos alumnos a reanudación das clases lectivas, despois de que este mércores os concelleiros responsables da área garantiran o funcionamento da escola ata que se resolva a nova concesión, en proceso de tramitación, segundo explicou Abel Caballero.

mércores, 15 abr 2009
1239805382teatro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores a reanudación das clases na Escola Municipal de Teatro a próxima semana, nova xa comunicada polo Concello de Vigo á empresa que presta o servizo e aos alumnos.

Segundo explicou o alcalde, os concelleiros responsables de Educación e Facenda solventaron os trámites administrativos e legais precisos para que as clases poidan continuar, ata que se resolva a saída a concurso da nova concesión.

A escola municipal conta con tres ubicacións -Villalaura, Mestre Goldar e Monte da Mina- na que se imparten clases tanto a adultos como a nenos e nenas, uns 50 alumnos en total para 4 profesores.
Descargar todas as imaxes