Escoitar

Santi Domínguez expresa os seus parabéns a Chano Rodríguez e amosa o seu apoio para Londres 2012

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresaron este martes os seus parabéns a Chano Rodríguez pola concesión da Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo por parte do Consejo Superior de Deportes. Tras manter unha xuntanza co deportista, o nacionalista salientou que Chano Rodríguez contará co apoio da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes de cara ás vindeiras Olimpiadas, que se celebrarán en Londres no 2012.

martes, 14 abr 2009
1239712971recepcionchano.jpg
O tenente de alcalde destacou que onte viviu "un dos días máis alegres da miña vida" ao coñecer a noticia da concesión da medalla. Santi Domínguez quixo salientar o esforzo e o espíritu de sacrificio de Chano Rodríguez, porque son "un exemplo para todas e todos nós, para todas os vigueses e viguesas". Asemade, lembrou o recibimento que acada o nadador en cada proba que disputa na cidade, "non só de parte dos nenos e nenas, senón tamén polos adultos".

"Para min é un orgullo este recoñecemento deportivo porque esta medalla de ouro forma parte xa da historia da cidade", salientou Chano Rodríguez tras a xuntanza. Sinalou, ademais, que este recoñecemento "hai que sumalo a toda a traxectoria deportiva" .
Descargar todas as imaxes