Escoitar

O Concello estudará unha nova localización para a Fundación Laboral da Construcción

O alcalde visitou este luns os traballos de formación profesional que teñen lugar na actual sede da Fundación Laboral. A dirección da entidade solicitou a Abel Caballero 10.000 metros cadrados para poder construir a nova sede, que financiaría a Seguridade Social, para o que o Concello fará "todo o posible", segundo asegurou o rexedor.

luns, 13 abr 2009
1239627468visita3.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe luns a Fundación Laboral da Construcción, onde comprometeuse a estudar unha nova localización de 10.000 metros cadrados para esta, pois na actualidade pagan 72.000 euros ao ano en concepto de aluguer.

Abel Caballero eloxiou o traballo que desenrola a Fundación, que no pasado ano formou en distintas disciplinas relativas á construcción a un total de 4.000 persoas. O alcalde ofertou a cooperación municipal coa entidade, a única destas características na provincia de Pontevedra, e fará "todo o posible" para acadar o chan necesario para a nova sede, cuxo custo asumiría a Seguridade Social.

Ponte no Lagares
A Xunta de Goberno Local ordinaria, celebrada este luns, aprobou a retirada da actual ponte da zona dos Molinos, no Lagares, para a construcción dunha nova, cun investimento de 50.000 euros.

O alcalde adiantou que en fases sucesivas se repararán o resto das pontes do curso do río Lagares, actuacións que complementan a recuperación que está a levar a cabo o goberno local, coa limpeza do cauce -efectuada por expertos de Augas de Galicia- e co acondicionamento do río.
Descargar todas as imaxes