mércores, 15 abr 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores a posta en marcha do primeiro Plan Municipal de Migración dunha cidade galega co obxectivo de fomentar a integración real dos inmigrantes residentes en Vigo. A edil subliñou que o Plan, que esta tarde iniciará a súa andaina no Consello Municipal das Migracións, é necesario "para evitar problemas que moitas veces se dan nas sociedades de acollida dos inmigrantes".
mércores, 15 abr 2009
O alcalde felicitou á Fundación Telefónica, promotora da iniciativa contra o traballo infantil que instalou a súa caravana na cidade o 14 e 15 de abril na explanada de A Laxe. Abel Caballero salientou a "importancia" desta actuación, que procura explicar a realidade de millóns de nenos en Latinoamérica.
mércores, 15 abr 2009
O Concello xa comunicou á empresa que imparte o servizo e aos alumnos a reanudación das clases lectivas, despois de que este mércores os concelleiros responsables da área garantiran o funcionamento da escola ata que se resolva a nova concesión, en proceso de tramitación, segundo explicou Abel Caballero.
mércores, 15 abr 2009
A Concellería de Xuventude propón unha iniciativa dirixida a mozos e mozas de 15 a 30 anos de idade, que consiste en respostar á pregunta "A que edificio pertence e en que rúa está a ilustración proposta?". As persoas que queiran participar poderán recoller na Casa da Xuventude mañá xoves 16 de abril a primeira pista das catro que se facilitarán para solucionar o reto.