Escoitar

Tenencia de Alcaldía e Federación Veciñal renovan a súa colaboración e promocionarán Vigo no estranxeiro

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes a renovación do convenio coa Federación Veciñal Eduardo Chao, que nesta ocasión ascenderá a 60.000 euros, e que "plantexa outros marcos de colaboración como a promoción da cidade a través de diferentes actividades fóra das nosas fronteiras". O concelleiro así o explicou tras a xuntanza que mantivo coa presidenta da Federación Veciñal, Elena Fernández, quen destacou que a entrevista foi "positiva, moi interesante porque nela se falaron de temas que son moi importantes para a cidade".

martes, 14 abr 2009
1239713092reunionfederacionvecinos.jpg
Santi Domínguez sinalou que o convenio de colaboración coa Federación Veciñal ten por obxectivo "subvencionar as diferentes actividades que esta entidade desenvolve ao longo do ano" e lembrou que o ano pasado as axudas concedidas polas distintas áreas nacionalistas do goberno foron refundidas "nun convenio marco". O tenente de alcalde explicou que este ano o convenio "baixa de cantidade", aínda que neste sentido apuntou que a Federación Veciñal "entende perfectamente que estamos nun ano complexo, no que desde o Concello xa estamoa a incrementamos os recursos das áreas de Benestar Social".

Ademais da promoción de Vigo no estranxeiro, Santi Domínguez salientou que outro eido de actuación conxunta se refire ao desenvolvemento dun proxecto dirixido á mocidade dos barrios e ás parroquias encamiñado a potenciar a súa involucración na vida dos seus contornos. "Comprmetémonos a elaborar un proxecto conxunto para a mocidade", afirmou ao respecto a presidenta da Federación Veciñal.

Por outra banda, respecto a promoción de Vigo no estranxeiro, Elena González salientou que a Federación de Veciños traballa na "implantación do movemento veciñal fóra de España". Neste sentido sinalou o caso de Polonia "onde o movemento veciñal é practicamente descoñecido", polo que a colaboración coa Tenencia de Alcaldía permitirá "levar a cidade de Vigo a todos os lugares aos que poidamos implantar o movemento veciñal".

Respecto á contía do convenio asinado coa Tenencia de Alcaldía, salientou que "non chega para todo o que facemos pero permite manter unha parte moi básica da nosa asociación, como é a sociocultural, e a estrutura de oito traballadores". "Segundo indicou Elena González, este ano contan con 60.000 euros e o ano pasado con 75.000, "pero somos conscientes de que estamos nun momento de crise".
Descargar todas as imaxes