martes, 14 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes a renovación do convenio coa Federación Veciñal Eduardo Chao, que nesta ocasión ascenderá a 60.000 euros, e que "plantexa outros marcos de colaboración como a promoción da cidade a través de diferentes actividades fóra das nosas fronteiras". O concelleiro así o explicou tras a xuntanza que mantivo coa presidenta da Federación Veciñal, Elena Fernández, quen destacou que a entrevista foi "positiva, moi interesante porque nela se falaron de temas que son moi importantes para a cidade".
martes, 14 abr 2009
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes que a programación de "Vigo a escena" para o primeiro semestre do 2009 inclúe dúas novidades, como son a estrea de dúas novas obras de teatro e un novo espazo onde levar as representacións, como é Bouzas. Na presentación do programa, na que tamén participou o seu director Xerome Calero, o concelleiro salientou que un dos obxectivos da Concellería de Cultura é a "descentralización da actividade cultural e conseguir que esta chegue a todos os vigueses e viguesas".
martes, 14 abr 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresaron este martes os seus parabéns a Chano Rodríguez pola concesión da Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo por parte do Consejo Superior de Deportes. Tras manter unha xuntanza co deportista, o nacionalista salientou que Chano Rodríguez contará co apoio da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes de cara ás vindeiras Olimpiadas, que se celebrarán en Londres no 2012.
martes, 14 abr 2009
Esta semana é a última na que permanecerán abertas ao público no MARCO as exposicións ‘7 +1 Project Rooms’ (na planta baixa) e ‘En calquera lugar, en ningún lugar’' (no primeiro andar). Ambas as dúas exposicións clausúranse o vindeiro domingo 19 de abril.