Elena Maure renuncia como concelleira non electa de Patrimonio Histórico "por razóns profesionais"
A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, anunciou este luns a súa renuncia ao cargo "por motivos profesionais". Así o manifestou nunha rolda de prensa conxunta co tenente de alcalde, Santi Domínguez, quen salientou o traballo que a edil nacionalista ten desenvolvido nestes case dous anos de lexislatura e os diferentes proxectos postos en marcha.
Elena Maure, que ocupaba o posto de concelleira non electa do BNG, explicou que a presentación da súa renuncia se debe ao seu desexo de emprender un novo camiño profesional. "Este ano hai procesos de selección abertos en distintas administracións aos que me gustaría optar para desenvolver a miña carreira profesional no eido público como técnico", explicou a concelleira nacionalista. Destacou que participar nestes procesos non é incompatible co seu cargo de concelleira pero sinalou que "quero renunciar por ética, transparencia e pola miña forma de entender a forma de entender a política".
"Esta decisión ten sido moi difícil e moi dura de tomar, porque nestes dous anos traballei moi cómoda", sinalou Elena Maure, quen agradeceu "ao persoal da Concellería de Patrimonio Histórico, do Museo Quiñones de León, á Corporación, e sobre todo ao grupo municipal do BNG e Santi Domínguez, porque non so foron compañeiros de traballo senón tamén amigos". Asemade, expresou o seu agradecemento aos xornalistas "pola súa axuda á hora de mostrar o meu traballo e divulgar o noso patrimonio cultural".
O tenente de alcalde, pola súa banda, sinalou que hoxe "non é un día feliz para min, nin para o grupo municipal, porque perdemos unha gran concelleira, que desenvolveu o seu labor dun xeito eficaz". Santi Domínguez salientou que nestes case dous anos de lexislatura, no Casco Vello e en Patrimonio Histórico, "cos poucos medios que contaba, Elena Maure foi capaz de desenvolver proxectos como a apertura da vila romaba de Toralla, o proxecto para a posta en valor do xacemento do Castro, a recuperación de valores patrimoniais e a revitalización do Museo Quiñones de León. En tan pouco tempo non puido facer máis cousas".
"O grupo municipal quere agradecer este traballo e sinte a súa marcha, aínda que respecta a súa decisión", indicou o tenente de alcalde, quen subliñou que dende o grupo municipal "desexámoslle todos os éxitos" a Elena Maure. "Sentimos profundamente a súa marcha, e non é por que queiramos poñerllo difícil, pero quero salientar a súa disposición e a alegría que sempre aportou ao grupo", dixo o nacionalista.
Respecto á persoa que substituirá a Elena Maure como concelleira ou concelleiro non electo do grupo municipal nacionalista, o tenente de alcalde explicou que será ratificada polo Consello Local e indicou que mentres se dan todos os pasos as súas competencias pasan ao actual concelleiro de Cultura, Xesus López. Neste sentido, Santi Domínguez indicou que "na cabeza do grupo municipal hai nomes, pero nós facemos as cousas dende os órganos correspondentes" e salientou que dentro do BNG "hai moitas persoas capaces de afrontar este reto".
"Non quero poñer prazos", dixo o tenente de alcalde respecto ao tempo que transcurrirá ata o novo nomeamento, pero sinalou que espera que en vinte días "estea a decisión tomada".
Descargar todas as imaxes