A explanada de A Laxe acolle a Caravana Proniño para concienciar á sociedade contra o traballo infantil<br />
O alcalde felicitou á Fundación Telefónica, promotora da iniciativa contra o traballo infantil que instalou a súa caravana na cidade o 14 e 15 de abril na explanada de A Laxe. Abel Caballero salientou a "importancia" desta actuación, que procura explicar a realidade de millóns de nenos en Latinoamérica.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe mércores a II Caravana Proniño, iniciativa da Fundación Telefónica para concienciar á sociedade sobre a realidade do traballo infantil mediante distintas actividades.
O alcalde felicitou á Fundación pola "importancia" desta actuación para axudar á erradicación do traballo dos menores. A caravana, durante o 14 e 15 de abril, está localizada en A Laxe, ubicación eloxiada polo rexedor xa que foi o punto de partida de emigrantes desde Vigo a Latinoamérica, e agora é unha empresa española a que procura a mellora da calidade de vida destes países.
A Caravana Proniño é un espazo multidisciplinar posto en marcha por Fundación Telefónica co obxectivo de crear lazos de solidariedade á sociedade sobre o problema do traballo infantil.
Para explicar esta realidade que sofren millóns de nenos en Latinoamérica deseñáronse unha serie de actividades lúdicas e materiais educativos dirixidos a catro grupos diferenciados: nenos de educación infantil, nenos de primaria, a mocidade de secundaria e pais e docentes.
Descargar todas as imaxes