Escoitar

A recollida de pistas da actividade "Acerta coa ilustración" iníciase o xoves na Casa da Xuventude

A Concellería de Xuventude propón unha iniciativa dirixida a mozos e mozas de 15 a 30 anos de idade, que consiste en respostar á pregunta "A que edificio pertence e en que rúa está a ilustración proposta?". As persoas que queiran participar poderán recoller na Casa da Xuventude mañá xoves 16 de abril a primeira pista das catro que se facilitarán para solucionar o reto.

mércores, 15 abr 2009
1239800142casaxuventude.jpg
A primeira pista que se proporcionará para solucionar a proba consistirá nun detalle da ilustración a acertar. En total haberá catro pistas que tamén mañá se distribuirán nos diferentes espazos da Concellería de Xuventude (Punto Xove, Súbete ao Castro e Casa da Xuventude). No momento en que as persoas participantes saiban a resposta, poderán acudir de novo á Casa da Xuventude e deberán respostar un último cuestionario de catro preguntas que versarán sobre cuestións relacionadas cos distintos servizos que ofrece esta concellería.

O premio, un Ipod Touch, será entregado á primeira persoa en respostar correctamente a estas cuestións o día 17 de abril pola mañá na Casa da Xuventude. En caso de non existir quen acerte a pregunta clave ou as preguntas obrigadas do cuestionario, o premio poderá quedar deserto. As persoas que desexen obter máis información poden dirixirse a Casa da Xuventude (rúa López Mora 31; 986 294 806), no Punto Xove (rúa López de Neira 27, baixo. 986 22 30) ou na web www.xuventudevigo.org.

O obxectivo de "Acerta coa ilustración" é o de conmemorar o Día Internacional da Información Xuvenil, que se celebra o 17 de abril. Estes servizos funcinan nos espazos da Concellería de Xuventude dende hai máis de dez anos e ofrecen á mocidade asesoramento e orientación sobre calquera tema que sexa do seu interese.
Descargar todas as imaxes