Escoitar

350 persoas participarán en Vigo nos Xogos Autonómicos de Fútbol Sala para discapacitados intelectuais

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves os XIV Xogos Autonómicos de Fútbol Sala, que se celebrarán en Vigo o vindeiro sábado 18 de abril no Pavillón das Travesas. O evento, organizado por Special Olympics, procura facilitar o deporte para os discapacitados intelectuais.

xoves, 16 abr 2009
1239886040cartelspecialolimpics.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves os XIV Xogos Autonómicos de Fútbol Sala no que participarán 339 persoas procedentes de toda Galicia en distintos niveis para facilitar a práctica deportiva aos discapacitados intelectuais.

O evento, que terá lugar o próximo sábado 18 de abril no Pavillón das Travesas, foi presentado conxuntamente co Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e o director da Asociación San Francisco, o Pai Carlos Ortiz, quenes saludaron a celebración dos Xogos e agradeceron ao Concello a súa participación e cooperación un ano máis.

Eladio Fernández salientou que Vigo é a primera cidade que acolleu dous eventos deportivos de carácter nacional, unha no ano 1999 de natación e a outra o pasado 2005 de baloncesto; pois tamén Vigo é a cidade de Galicia que conta cun maior número de discapacitados intelectuais.

339 persoas participarán no evento do sábado, con 89 adestradores e titores e 70 voluntarios de Vigo. Os deportistas proceden de 23 asociacións de toda Galicia, 5 da provicia de Coruña, 6 de Lugo, 3 de Ourense e 9 de Pontevedra. O Presidente de Special Olympics animou á cidadanía "a presenciar o sábado as pobilidades que teñen, non as limitacións" dos participantes.

O alcalde subliñou que "Vigo é unha cidade igualitaria" e estos Xogos así o demostran, invitou aos vigueses e viguesas a "formar parte activa" das olimpiadas e agradeceu á organización o seu traballo. A concelleira de Benestar Social subliñou que Vigo "debe por en valor" a celebración dos Xogos na cidade olívica e cualificou o evento de "emotivo e importante" por "ver o esforzo, a ilusión e o entusiasmo" dos deportistas.
1239886040cartelspecialolimpics.jpg
1239901216imaxe.jpg
Descargar todas as imaxes