Escoitar
O PILI 2009 permitirá a estadía de 125 alumnos/as durante tres semanas no Reino Unido ou Irlanda, e os interesados/as poderán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello dende o 21 de Abril ata o 12 de Maio

Educación abre o prazo de convocatoria para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa (P.I.L.I. 2009)<br />

Esta iniciativa didáctica ten como obxectivo primordial ofrecer aos alumnos/as de 3º de ESO dos institutos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo.<br />

xoves, 16 abr 2009
1239885768pilivigo.jpg
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 6 de Abril de 2009, aprobou as "Bases e Convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (P.I.L.I. 2009). Logo dos positivos resultados acadados pola experiencia piloto do Programa de Inmersión en Lingua Inglesa PILI 2008, esta nova edición deste programa educativo municipal tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal "Aulas Internacionais".

Dito programa, destinado a alumnado de 3.º de ESO de centros públicos de Vigo, contará con ata 125 prazas para realizar estadías de tres semanas en Irlanda ou o Reino Unido en réxime de inmersión lingüística. As viaxes teñen previsto comenzar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro.

As prazas inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade,

Os interesados poden consultar as referidas bases na páxina web do programa PILI (http://www.pilivigo.org), onde disporán da información necesaria para a presentación da solicitude de participación. A documentación para a tramitación de solicitudes deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ben directamente, ben polos procedementos legalmente establecidos. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de abril ata o 12 de maio, ambos inclusive.

Máis información no Servizo de Educación, Programa PILI
Rúa Oporto n.º1, baixo, 36201 Vigo
e-mail: pili@vigo.org Web: http://www.pilivigo.org Teléfonos.: 986 44 93 62 / 986 44 74 00 Fax: 986 44 93 79
Descargar todas as imaxes