A Xunta Local de Seguridade reúnese co alcalde para trazar o plan que velará pola seguridade do Desafío Atlántico
A Xunta Local de Seguridade celebrou esta mañá unha reunión extraordinaria co alcalde da cidade, Abel Caballero, para analizar os distintos niveis que se establecerán con motivo da celebración do Desafío Atlántico de Grandes Veleros, os próximos 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio.
Cunha cifra que roldará as 500 persoas, entre corpos de seguridade do Estado, como a Policía Nacional e Garda Civil, o evento estará arropado tamén por un importante contingente das policías Local e Portuaria, así como de Capitanía, Seguridade Marítima, Cruz Vermella, Protección Civil, Federación Galega de Vela e o equipo especial de voluntarios.
Se habilitarán cinco zonas de evacuación, dúas ubicadas no propio "village" da regata, onde se prevé o maior movemento de persoas, e outras tres accesibles desde o mar, con postos establecidos na ETEA, Berbés e Toralla, con servizos de primeiros auxilios e ambulancias. O operativo recibirá apoio aéreo coa incorporación de 2 helicópteros que vixiarán en altura tanto os movementos terrestres como os que se realicen en Ría de Vigo, contando coa logística das lanchas e embarcacións da Garda Civil do Mar.
Un Comité Permanente coordinará todo o operativo durante as catro xornadas, as 24 horas do día, instalado no propio Porto de Vigo.
Abel Caballero confirmou que todos os veleros que tomarán parte no Desafío Atlántico estarán atracados nas dársenas da Laxe e Peirao de Trasatlánticos o 30 de abril, día reservado no calendario da gran regata como data de inicio dos actos oficiais, a partir das 15.00 horas. Caballero tamén informou da posibilidade de habilitar autobuses urbanos a modo de "transporte urbano", cuestión que se está abordando para descongestionar de tráfico rodado no centro da cidade e facilitar o acceso cidadán ao Porto de Vigo.
En torno aos 200.000 visitantes estima Abel Caballero o movemento de persoas durante os días que a regata estea en Vigo, co pico máis alto durante o fin de semana e, sobre todo, o día da saída, o 3 de maio, entre as 11.00 e as 14.00 horas, horario no que se realizará a "parada naval" acompañando aos barcos desde as inmediaciones do porto vigués, ata a bocana sur de Ría de Vigo, á altura das Illas Cíes.
Descargar todas as imaxes