Benestar Social incrementa un 20% o orzamento das axudas para comedor e libros
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este xoves que o orzamento das axudas municipais para comedor e libros experimenta un incremento do 20% para o vindeiro curso 2009/2010, ao pasar de 400.000 a 460.000 euros. A edil salientou en rolda de prensa que con esta medida e nunha época de crise como a actual "esperamos que ningún escolar quede en lista de agarda se cumpre todos os requisitos".
"Dende a Concellería de Benestar Social consideramos prioritario incrementar estas axudas destinadas ás familias con menos recursos económicos, dando cumprimento así un dos nosos compromisos", salientou María Méndez. A concelleira incidiu en que son becas que se conceden ás familias que máis o necesitan e a valoración realízase tendo en conta ás súas condicións sociais e económicas.
Na súa intervención María Méndez subliñou asemade que se pese a aumentar os cartos destinados ás axudas quedan nenos en lista de agarda, "seguiremos incrementando o orzamento". As solicitudes deberán presentarse do 27 de abril ao 11 de maio nas Unidades Básicas de Acción Social do Centro, O Castro, Teis, Lavadores e Coia, de luns a venres en horario de 9 a 13.30 horas.
A concelleira de Benestar Social sinalou que os obxectivos desta convocatoria son "facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais e proporcionar axudas ás familias con menos recursos". Explicou que os beneficiarios son alumnos e alumnas de centros docentes públcios ou concertados de Educación Infantil (segunda etapa), Primaria e Secundaria Obrigatoria. Para acceder ás axudas a unidade familiar deberá estar empadroada e residir en Vigo, convivir cos nenos e nenas para os que se solicitan as axudas, estar matriculados ou ter a reserva de matrícula para o vindeiro curso e non superar os 351 euros anuais por cada membro da unidade familiar. Neste sentido María Méndez indicou que na convocatoria deste ano ampliouse este criterio, xa que na pasada o ingreso esixido foi de 325 euros por integrante da unidade familiar.
A axuda para comedor será de 41 euros mensuais máximo por alumno no periodo comprendido entre setembro e xuño. Pola súa banda, a axuda para libros consistirá en 75 euros por alumno, cuxo pagamento se efecturá mediante cheque bancario tras a presentación da factura orixinal. A edil do BNG explicou asemade que para o vindeiro curso adiantarase o cobro do 40% das axudas ao mes de setembro, mentres que o pago de outro 40% se fará no segundo trimestre do curso e o 20% restante ao remate do mesmo.
O ano pasado concedéronse un total de 1.197 becas de comedor e das solicitadas foron denegadas por non cumprir os requisitos 327. En canto ás de material escolar concedéronse 401 becas e denegáronse 198.
Descargar todas as imaxes